A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao di ter pechado o seu segundo mellor exercicio

Os resultados, segundo apunta a Autoridade Portuaria, estarían motivados pola apertura da primeira liña de portacontedores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2019 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acaba de pechar o segundo mellor exercicio da súa historia, ao rexistrarse nas súas instalacións durante 2018 un tránsito de materias primas, materiais e produtos de case 13,7 millóns de toneladas. "O bo comportamento do tráfico de graneis sólidos compensou o leve retroceso experimentado no mercado dos líquidos e da mercancía xeral", sinala o porto.

Terminal de colectores do porto exterior de Ferrol. REMITIDA
Terminal de colectores do porto exterior de Ferrol. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Conclúe así un ano, destaca, marcado tamén pola apertura da primeira liña regular de buques portacontedores e polo avance experimentado nas obras para dotar ao porto exterior de Caneliñas dun acceso ferroviario.

As empresas que operan nos peiraos de Ferrol e San Cibrao moveron en 2018 un total de 13.683.716 toneladas de mercancías, segundo datos aínda provisionais. Esta cifra é un 20,4 % superior á media de actividade do presente século e supón un avance do 0,7% respecto de 2017. De feito, sitúase 0,2 puntos porcentuais por baixo da marca absoluta de 2012.

Con este balance, a Autoridade Portuaria resalta que "cumpre sobradamente o obxectivo marcado na súa planificación estratéxica: acumular unha media mensual dun millón de toneladas transportadas nas súas dársenas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta