O proxecto 'Unha gran burla negra' chega á Coruña este venres exhibindo unha curtametraxe

Búscase crear un arquivo da produción cultural creada durante as protestas logo do afundimento do "Prestige".

Por E.P. | A CORUÑA | 08/01/2019 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O proxecto 'Unha gran burla negra', unha iniciativa que quere pór en valor o movemento cultural resultado da catástrofe do 'Prestige' no ano 2002, chega este venres á Coruña coa exhibición dunha curtametraxe.

Afundimento do Prestige
Afundimento do Prestige | Fonte: Aduana Francesa.

Segundo informan os seus promotores, a iniciativa, que comezou o pasado mes de novembro en Santiago de Compostela, trasladará á cidade herculina diferentes propostas para este mes.

Co obxectivo de crear "un arquivo vivo e público da produción cultural creada durante as protestas tras o afundimento do petroleiro", impulsaranse actividades como un documental do que o venres se verá un avance na Coruña.

Ademais, haberá unha charla a cargo do editor de Acuarela Libros, Amador Fernández-Savater, sobre 'Unha mutación antropolóxica: imaxes e prácticas da revolución cultural", que terá lugar no Paraninfo do reitorado coruñés. A xornada, comezará ás 19,30 horas, e será de entrada libre ata completar o aforamento.

Durante este mes, instalarase tamén unha exposición no Palacio de Congresos da Coruña (Palexco) e celebrarase unha mesa redonda con persoas que viviron o movemento de 'Nunca Máis'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta