Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/01/2019 | Actualizada ás 10:00
Hai uns días, o 5 de xaneiro, fixo cinco anos do pasamento dun dos grandes artistas e impulsores da creatividade e da empresa galega, Isaac Díaz Pardo. E, para conmemoralo, este ano o Foro Enrique Peinador quixo adicarlle o Día da Galeguidade Empresarial ao egrexio artista de Compostela.
“Isaac Díaz Pardo representa esa vella tradicións dos empresarios galeguistas e mecenas polos que piaban Antón vilar Ponte e Rafael Dieste en sinalados artigos”, destaca o presidente do Foro, Xosé González.
O Foro Enrique Peinador, celebra todos os anos o Día da Galeguidade Empresarial co intención de facer chegar a mensaxe de inculturización empresarial e a incorporación da lingua galega a distintas actividades : convenio colectivo con cláusula de dereitos lingüísticos, páxina web, contratos de traballos, sinalética,etc. Pero tamén queren salientar sempre unha figura de empresario que difundira a cultura e a lingua do país, que este ano representa Díaz Pardo.
Nesta homenaxe, prevista nos xardíns que hai fronte á Facultade de Belas Artes de Pontevedra, inaugurarase un monumento da autoría do escultor J. Molares. Esta obra escultórica foi posible grazas á subvención do concello, da Escola de Canteiros da Deputación e a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O acto celebrarase o próximo día 26 ás 12;00 horas.
Nos días seguintes o Foro E. Peinador celebrará actos de investidura de galeguidade empresarial en Autos Rodriguez López e na conserveira Friscos. Seguiranlle Itelsis, Seguridade A1, Cooperativa Hoxe e Feiraco… En todas elas o formato será o mesmo: parada da actividade laboral para que no acto participen os traballadores, clientes e proveedores, coa finalidade de estendermos a mensaxe galeguizadora.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.