Villares teme que o PP galego "importe" a Galicia o pacto con Ciudadanos e Vox en Andalucía

Segundo o voceiro de En Marea, a cidadanía galega porá ao PP no lugar que lle corresponde a través das urnas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2019 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, tachou de "sucio" o pacto do PP-A con Ciudadanos e con Vox para formar goberno na Xunta de Andalucía, xa que considera que "traizoa os dereitos das mulleres". Nunha rolda de prensa ofrecida este luns no Parlamento galego, o líder do partido instrumental critica que o PPDEG "estaría de acordo en importar" este acordo a Galicia. "En democracia non vale todo", engadiu.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, en rolda de prensa. EN MAREA - Arquivo
O portavoz de En Marea, Luís Villares, en rolda de prensa. EN MAREA - Arquivo | Fonte: Europa Press

E é que Villares "non entende" como o Partido Popular, "unha forza que se di democrática", fale con formacións "que queren acabar coa igualdade entre mulleres e homes", que é "o primeiro valor" da democracia, para gobernar a Xunta. Así, tamén censurou que o PP pretenda "branquear e lexitimar políticas machistas" para as que en Galicia --afirmou-- "non hai sitio". "A cidadanía galega colocará ao Partido Popular no lugar que lle corresponde" a través das urnas, vaticinou.

AXENDA DOS PGE

O portavoz de En Marea, Luís Villares, suxeriu ao secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, que utilice as súas entrevistas "para dar conta das negociacións da axenda galega nos Orzamentos Xerais do Estado" (PGE).

Así respondeu, nunha rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento galego, ao líder do partido morado na Comunidade, quen este domingo, nunha entrevista concedida á Cadea Ser, destacou: "Se eu fora Luís Villares, dimitiría como portavoz parlamentario".

Esta situación dáse semanas logo da finalización do proceso de renovación da dirección do partido instrumental, unhas eleccións que enfrontaron á lista de Villares, que acaparou o 60 por cento dos apoios, fronte á candidatura promovida polo sector crítico, encabezada polo excongresista David Bruzos e apoiada por Podemos, Anova, Esquerda Unida e as mareas de Santiago, A Coruña e Ferrol.

Ademais deste panorama e as acusacións mutuas entre ambas as correntes de querer "viciar" o proceso, a lista de Villares tan só incluía a tres dos 14 deputados do Grupo de En Marea no Pazo do Hórreo, polo que, preguntado sobre se ve complicada a convivencia cos seus compañeiros no hemiciclo, negou que estes cuestionen o seu liderado.

Así mesmo, Villares reiterou que "as persoas inscritas xa falaron" nas eleccións internas do mes de decembro, polo que --manifestou-- "calquera que alente outro discurso público" estará "a fracasar", porque se apartará dese mandato cidadán".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Narcochofer

Espero con impaciencia as listas para as autonómicas, Eva Solla, Quinteiro, Cal, Luca Chao, Carmen Santos, ide buscando chollo que se vos acaba a bicoca. As primarias deciden. Bikos

3 Per

Pero inda exixten mareantes? Pensei que afogaran polo propia Marea.

2 Arroz con leite

Ben falado Sr. VIllares. Os cidadans o que nos importa é como van os orzamentos do estado, haber se van permitir que Cataluña leve toda a inversion. AvE, AP9, Porto Exterior, Competitividade dos nosos aeroportos, o termalismo, os incendios forsstais, a crise demográfica...esas son as cousiñas que me interesan, logo se o portavoz é xan ou pericán, realmente importalle un carallo a xente, así e todo Villares foi o gañador das primarias polo que é de sentido común que sexa o portavoz parlamentar. Toné ten un pouco de respeto polos inscrit@s de En marea, e respetade esas siglas xa que e por onde foron escollidas Luca Chao, Marcos Cal, Carmen Santos, ademais cun censo diferente ao de En marea. O acordo de Vigo di que En marea é de adscripcion individual, non sei que carallo pinta ahí o censo de Podemos

1 sasnascachas

Non voto nin tolo por ningunha das dúas faccións pero o vergallazo dialéctico que levou o home da bico torto foi moi bo. Chapeau señor xuíz, vergoña para o subgrupo confederal-departamento noroeste occedental de unidos podemos baixar a marea.