Animalistas critican o "xogo sucio" da Xunta por non dicir onde será un campionato de caza de raposo

O vindeiro domingo día 27 está convocada unha protesta cidadá no Obelisco da Coruña para mostrar a oposición a estas prácticas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera acusou á Xunta de facerlle o "xogo sucio" ao lobby procaza, ao non revelar onde se celebrará o denominado Campionato galego de caza de raposos con cans previsto para esta fin de semana.

Protesta contra a caza de raposo, o sábado pasado, en Cerdedo-Cotobade. ASOCIACIÓN LIBERA
Protesta contra a caza de raposo, o sábado pasado, en Cerdedo-Cotobade. ASOCIACIÓN LIBERA

Nun comunicado remitido aos medios, os animalistas censuran que esta falta de información afecta tanto a "profesionais de información" como ao labor de monitoreo e supervisión dos defensores dos animais.

Precisamente, a celebración dunha competición deste tipo a pasada semana en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) motivou o enfrontamento entre animalistas e cazadores. Tras iso, un dos participantes nas protestas organizadas o sábado neste municipio pontevedrés avanzou que denunciaría a un dos cazadores por presuntamente terlle propinado unha puñada na cara e encañonalo coa escopeta.

Ante estas cuestións, os animalistas chamaron a participar o vindeiro domingo, día 27, nunha protesta cidadá convocada no Obelisco da Coruña para mostrar a súa desconformidade ante a autorización destas prácticas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta