Non hai asentamentos estables de bandas albanesas en Galicia, segundo o Goberno central

Abel Losada di que os albaneses vinculados ao narcotráfico en Galicia pertencen a "bandas itinerantes".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/02/2025 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, afirmou que os albaneses vinculados ao narcotráfico en Galicia pertencen a "bandas itinerantes" e subliñou que "non hai ningún asentamento estable". En declaracións aos medios este mércores, Losada sinalou que estas bandas "non están vinculadas a un territorio" e actúan "alí onde hai oportunidades de negocio".

"Indubidablemente, en Galicia a historia mostra que vinculado ao narcotráfico houbo oportunidades de negocio, desde Marcial Dourado ata a actualidade", apuntou. Así, asegurou que "non hai ningún asentamento estable" e, a continuación, subliñou que entende que nesa "itinerancia" utilizan "os recursos endóxenos de cada lugar para optimizar os seus beneficios".

En todo caso, aproveitou para reivindicar o traballo dos corpos e forzas de seguridade do Estado na loita contra o narcotráfico. "As dúas últimas foron detidas polos corpos e forzas de seguridade do Estado, o que demostra que estamos aí e que a loita contra o narcotráfico está presente na axenda destes corpos de seguridade", resolveu.

Droga incautada nun pesqueiro
Droga incautada nun pesqueiro | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta