O Sergas di que "por unha cuestión de recursos" a Xunta non pode destinar un psicólogo a cada centro de saúde

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) planea pór en marcha unha rede de psicólogos clínicos que cubran a Atención Primaria con consultas grupais.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/02/2025 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) planea pór en marcha unha rede de psicólogos clínicos que cubran a Atención Primaria con consultas grupais. Así o sinalou ante os medios de comunicación tras protagonizar un almorzo informativo organizado por Executive Forum España en Vigo, onde Caamaño explicou que "por unha cuestión de recursos" a Xunta non pode destinar un psicólogo a cada centro de saúde. Por iso, a idea é cubrir esta demanda desde a atención hospitalaria, a través dunha rede de psicólogos clínicos con actuacións "comunitarias", con varios pacientes ao mesmo tempo. 

Gómez Caamaño no acto en Vigo
Gómez Caamaño no acto en Vigo | Fonte: XUNTA - Arquivo

O conselleiro recoñeceu que si haberá persoas que necesiten unha consulta "específica", pero outros usuarios con patoloxías de saúde mental leves, como un problema de ansiedade leve, poderán saír adiante con consultas grupais, segundo dixo. Nelas, ademais, poderían detectarse problemas máis graves que si precisen unha atención personalizada. A pesar de todo, desde o Sergas insistiron en que isto non quere dicir que non vaia a haber consultas personalizadas, senón que se implementarán este tipo de sesións en grupo para priorizar "unha xestión correcta dos recursos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta