Por Europa Press / Redacción | MADRID | 23/01/2019 | Actualizada ás 17:37
A conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, confiou en que o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia consiga ser Patrimonio Mundial da Unesco por ser "a xoia do patrimonio natural" de Galicia.
"Destaca polo seu valor ambiental, paisaxístico e de diversidade, sendo un elemento de gran importancia e simbolismo na xeografía galega", explicou Vázquez na súa intervención no pavillón de Galicia na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid.
O parque nacional, xunto co conxunto natural Ribeira Sacra e a cidade de Ferrol: Porto da Ilustración, opta a ser 'Ben natural' da Unesco, pero a conselleira apostou por Cíes-Illas Atlánticas para que logre o "recoñecemento mundial que se merece" ao consideralo "o maior patrimonio natural co que conta Galicia".
Vázquez mostrouse "orgullosa" de defender a candidatura en Fitur porque "cumpre sobradamente cos criterios establecidos" e ademais é un bo xeito de promocionalo.
Segundo apuntou a conselleira de Medio Ambiente, Cíes-Illes Atlánticas conta con 34 hábitats de interese comunitario dos 90 que hai en Galicia, ten rexistradas 158 especies protexidas e atesoura uns fondos mariños únicos que acollen ecosistemas de alto valor ecolóxico.
Así, asegurou que queda acreditado "o seu valor universal excepcional", ao que se suma un documento asinado o pasado mes de decembro na Xunta de Galicia onde se compromete a "coidar este espazo durante os próximos dez anos".
"O noso obxectivo é seguir traballando como ata agora coa mesma intensidade se cabe na protección e conservación deste único parque natural. Queremos seguir coidado esta xoia natural e proxectala ao mundo", puntualizou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.