A situación do Centro Galego de Buenos Aires crea unha nova lea entre PP e oposición

Desde as filas do BNG falan de urxencia para actuar e asumir responsabilidades, mentres que os socialistas piden explicacións á Xunta e En Marea considera inaudito o actual estado do Centro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2019 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A situación do Centro Galego de Buenos Aires protagonizou de novo unha lea entre o PP e os grupos da oposición no pleno do Parlamento este mércores. En concreto, a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, defendeu unha iniciativa coa que pretendía instar á Xunta a "salvagardar" este centro a través de varias medidas, texto que foi rexeitado polo grupo maioritario.

Os populares inicialmente votaron case por completo a favor do último do tres puntos, o que pedía a declaración de 'sitio histórico' da habitación 202 do centro, onde faleceu Daniel Rodríguez Castelao, pero o presidente do Parlamento, Miguel Anxo Santalices, finalmente indicou que houbera un erro, e o sentido do seu voto tamén foi negativo para este aspecto.

Durante a súa intervención, Pontón viu "urxente actuar e asumir responsabilidades". Pola súa banda, o socialista Juan Díaz Villoslada reclamou que a Xunta "explique" as medidas tomadas conforme á lei de patrimonio, e a deputada de En Marea Anxos Cuña cualificou de "inaudito" un panorama que, ao seu xuízo, "cando menos require unha explicación".

Por parte do PP, Raquel Arias mostrouse "totalmente de acordo" con que o Centro Galego de Buenos Aires é un "emblema" da emigración galega e "símbolo da galeguidade", pero esgrimiu argumentos en contra da iniciativa como o reproche a que "agora pretenden que o Goberno galego salla a rescatar dunha débeda do Goberno arxentino".

Centro Galego de Bos Aires
Centro Galego de Bos Aires | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta