Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/02/2019 | Actualizada ás 18:50
Podemos Galicia defendeu este mércores o voto positivo do seu grupo aos orzamentos xerais do goberno de Pedro Sánchez polo seu contido social e por ser “comprometidos con Galicia”, a pesar das críticas do líder de En Marea, Luís Villares, a este respecto.
Con todo, e evitando pronunciarse sobre o voto negativo da deputada de En Marea, Alexandra Fernández, Podemos cualificou de “ exemplar desde o primeiro momento” a posición do grupo de En Marea no Congreso como “actor clave para alcanzar os orzamentos máis sociais, progresistas e feministas da historia recente ao tempo que fixeron a maior defensa de Galicia”.
Así, asegura que o veto aos orzamentos “aborta a posibilidade defender as emendas parciais para Galicia para mellorar as condicións de vida da cidadanía galega”. "Desde Podemos Galicia, e desde o grupo de En Marea no Congreso apostabamos por continuar negociando co Goberno para lograr o mellor acordo para o noso país”, indica a formación nun comunicado.
Así, suliña que o rexeitamento aos orzamentos abre a porta a un adianto electoral, no que “a Brunete mediática sacará toda a súa artillería para trasladar ao Goberno de España a fórmula andaluza”. “Os orzamentos máis sociais da última década foron tombados polo bloque reaccionario”, engade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.