Por Pedro G.-Valadés | Vigo | 13/02/2019 | Actualizada ás 21:00
A señora Ania Horszowski naceu, nunha familia xudía, en Ternópil, Polonia, o 27 de febreiro de 1921. Curiosamente, esa cidade é unha das máis importantes da rexión de Galitzia, que abrangue o leste de Polonia e o oeste de Ucrania.
En Tarnopolo vivía cos seus pais, Xacobo e Berta, e os seus irmáns, Henka e Moisés. Os seus pais eran propietarios dun establecementto de prendas de pel, e durante a súa infancia a familia viviu tranquila. Segundo relata: ''Non sabíamos nada do antisemitismo''.
As cousas cambiaron en 1935, cando tiña 14 anos. Tal e como narra: ''Os polacos odiábanos ata o punto de que, cando chegou o inverno, parábanse diante da porta do almacén e non permitían que entraran os clientes. Non nos deixaban existir.” Seguiron outros episodios de odio, cada vez máis graves. Mesmo na escola tivo unha profesora antisemita que, cando o seu pai lle pediu explicacións, lle dixo: “xudeu, vaite ao demo”, e suspendeuna por vinganza. Ante ese clima, dous anos despois os seus irmáns emigraron ao que despois sería Israel, daquela o Mandato Británico de palestina (1920-1948).
Un día, ao volver da escola, veu os mobles e enseres da casa metidos nun carro. Segundo lle explicaron, foran obrigaron a cederlle a súa casa aos soldados nazis. Daquela trasladouse cos seus pais a vivir na casa duns parentes, na cidade de Lviv, daquela Polonia e hoxe Ucraina. Nesa época, na cidade vivían 120.000 xudeus, que pasaron a ser 220.000 coa chegada dos que fuxían do oeste de Polonia.
O 8 de novembro de 1941, os nazis confinaron nun barrio do norte de Lviv a todos os xudeus da cidade. A familia de Ania, xunto cos demáis, foi conducida ao Jüdisches Wohnbezirk, o gueto. Na caminata cara alí, 5.000 anciáns e enfermos foron fusilaron mentres cruzaban a ponte da rúa Peltewna.
O COMEZO DA SOLUCIÓN FINAL
A comenzos de 1942 os nazis poñen en marcha a Operación Reinhard, o primeiro paso do Holocausto. O plan ten como obxetivo asasinar aos xudeus polacos. Para elo, construiron tres cámaras de gas, en Belzec, Sobibor, e Treblinka.
Do gueto onde estaba Ania Horszowki e os seus pais saíron algunhas das primeiras remesas de xudeus para ser gaseados. Entre marzo e abril de 1942, 15.000 foron enviados a Belzec. En xuño, levaron a 2.000 ao campo de concentración de Janowska, supostamente a traballar, pero só usaron a 120, e aos demáis fusiláronos. En agosto deportaron a 50.000 personas a Belzec.
En 1943, cando tiña 21 anos, perdeu á súa nai, Berta, de 50. Nas súas palabras: ''Contáronme os veciños que a sacaron da cama e a mataron no patio dun tiro. Para qué querían xente que non podía camiñar?''. Catorce días despois, ao volver do hospital cun vaso de compota para o seu pai, atopouno morto de tifo.
A situación seguía empeorando, e afirma: ''Pouco a pouco, pecharon as rúas que levaban ao gueto. Dábanos pouca comida e non había cartos”. De cando en vez os nazis formaban dúas filas; nunha os que inda estaban en condicións de traballar, e noutra os que xa non. Tal e como lembra: ''Éramos miles. Enfrente había tres valdeiros''.
Un día chamárona para unha fila. Ela non o sabía, pero ese tren dirixíase cara os campos de exterminio. Sen saber por que, un soldado achegouse a ela e ordenoulle que saíra da fila. Nunca soubo o motivo, pero especula que, ao ser loira e de ollos azuis, pode que pensase que non era xudía.
A FIN DO GUETO
A comenzos de xuño de 1943, os nazis prendéronlle lume ao gueto. Algúns sobreviviron agochándose nos sumidoiros. Cando as tropas rusas chegaron á cidade o 26 de xullo de 1944, só quedaban 823 xudeus.
Logo de esquivar por pouco os campos de exterminio, escapou en tren, viaxando durante dous días ata Dnipropetrovsk, en Ucrania. A cidade estaba na liña de avance dos rusos, pero inda seguía baixo control alemán. Ali viu que a Gestapo detiña a un grupo de rapazas, e nese momento decidiu cambiar o apelido.
Mentres seguían escapando da área de influencia nazi, coñeceu a Stefan Horzowski, con quen acabaría casando. Logo da guerra, viaxaron primeiro a Francia e, en 1948, a Venezuela.
Alí viviu ata hai uns anos cando, asustados pola inestabilidade da situación en Venezuela, decidiron emigrar. O motivo polo que acabou en Galicia é que o seu fillo, Luis Horzowski, casou cunha muller brasileña, de familia orixinaria de Moraña. Ata agora, residía ela, o seu fillo, e a nora, en Caldas de Reis.
Máis información:
Testemuña (vídeo) Caracas, Venezuela. Fecha: 11/09/1996. Duración: 2:21:34
Testemuña (vídeo) Caldas de Reis, Galicia. Fecha: 2012. Duración: 29:47
Conversando con Ania (vídeo) Caldas de Reis, Galicia. Fecha: 17/04/2015. Duración: 31:15
Vivir para contarlo (audio). Radio Sefarad. Duración: 30:06
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.