O PPdeG di que sería un exercicio de “transparencia” informar de pactos pero evita confirmar se o fará con Vox

Alberto Núñez Feijóo asegura que o seu obxectivo é que nin a ultradereita, nin C's teñan representación de Galicia en Madrid e ataca un posible pacto entre independentistas, populistas e socialistas porque “foi un desastre”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/02/2019 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

Sería un exercicio de transparencia e gobernabilidade”. Así respondeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado pola proposta do seu líder en Madrid, Pablo Casado, de que os cidadáns coñezan os pactos que haberá no caso que se produza eleccións anticipadas en Madrid. 

Simpatizantes e militantes de Vox con bandeiras de España durante as eleccións en Andalucía
Simpatizantes e militantes de Vox con bandeiras de España durante as eleccións en Andalucía | Fonte: Cuatro

Semellaba pois que o líder dos populares galegos aprobaba a estratexia do seu xefe de filas en Madrid de ir da man da ultradereita de Vox e da dereita de C's no caso de que dean as contas. Pero, preguntado por este medio se en nome desa “transparencia” el pon a man no lume sobre un pacto con Vox, preferíu, entón, botar balóns ao aire. 

“O presidente do PP galego ten claro e vai tentar que a maioría dos deputados no Congreso e no Senado sexan do PP”, dixo. “Se me pregunta que se quero que os outros partidos –Ciudadanos e Vox-- tiveran representación de Galicia no Congreso e no Senado, pois diríalle que non e que a representación de Galicia para que teña un peso importante sexa do PP. E vou traballar para que non se produza ese obxectivo”, engadíu.

Pero Galicia Confidencial insistíu en preguntarlle en base a esa “transparencia” á que se referira antes. “Pero se teñen representación, pactaría con eles?”, preguntamos. “Reitero, o obxectivo é que non teñan representación”, foi a súa escueta resposta.

CONTRADICCIÓNS

O xefe do Executivo galego foi contradictorio por veces, porque, aínda que dixo que o obxectivo do PPdeG é que nin C's, nin Vox, teñan representación en Madrid, si “pactaría con algún dos partidos que xa están no Congreso”, en alusión a Ciudadanos. “Do outro –en alusión a Vox-- é que non teñan representación”, dixo.

Do que non tivo reparos en falar Feijóo foi dos pactos entre o PSOE, os “populistas e os independentistas”. Así, lembrou que Sánchez se apoiou neles para chegar á Presidencia do Goberno español cunha moción de censura e que un ano despois os independentistas botárono dese mesmo goberno. “Repetir esa fórmula sería traer máis inestabilidade e máis inseguridade a España porque xa perdemos un ano”, suliñou.

Por iso insistiu en que o máis importante é que España teña un “goberno forte” porque senón “haberá outro período de ingobernabilidade”. “E levamos así xa desde 2015 e 2106”, dixo en alusión aos gobernos de Rajoy e sabendo que todas as enquisas apuntan que para gobernar en Madrid serán necesario moitos pactos, tanto na banda da dereita, como na banda da esquerda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta