O alcalde de Ferrol tamén é partidario de crear outra formación que "una" a Podemos, IU e Anova

Aposta por buscar a "fórmula" que manteña a unidade que levou á creación de En Marea e pide "ter a suficiente intelixencia política".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), avogou por manter a unidade de forzas que levou á creación de En Marea e apostar por "unha realidade" na que teñan cabida as mareas municipais, Esquerda Unida, Anova e Podemos.

"É necesario buscar unha fórmula na que todos caibamos, de algo que comezou xa hai moitos anos e que se concretou politicamente como AGE, que pasou polas mareas municipais e logo impulsouse con En Marea", manifestou tras ser preguntado sobre as discrepancias entre o partido ao que pertence o rexedor, Esquerda Unida, Anova e Podemos coa formación de En Marea que agora lidera Luís Villares.

"Ten que haber unha realidade na que todos teñamos un lugar e iso tan só se pode facer contando con todos os que participaron desde o inicio deste proceso", asegurou o rexedor ferrolán, a preguntas dos medios de comunicación, nunha comparecencia pública realizada no Concello de Ferrol no mediodía deste xoves.

Suárez abundou en que subscribe "o comunicado por Xulio Ferreiro, o alcalde da Coruña, ao 100%" e apelou a ter "a suficiente intelixencia política: "Cada día que sae unha nova noticia nos medios de comunicación na que falamos do noso esqueleto, o único que fai é prexudicarnos".

"ADANISMO POLÍTICO"

O alcalde de Ferrol defendeu "atender á maioría social" que representan e "iso só faise desde a unidade e o respecto a organizacións que levan décadas loitando por unha sociedade máis xusta".

"Eu estou en contra do adanismo político, creo que hai que respectar a ideoloxía e o traballo realizado ao longo de moitos anos por moitos militantes activos de todas as organizacións, e por militar nunha organización es tan persoa a título individual como por non militar, e tes os mesmos dereitos", agregou.

Por último, Suárez destacou que todos os que falan, incluído el, da unidade fano "en sentido xeneroso" e non teñen por que "renunciar" a "a unidade por apostar pola unidade".

Jorge Suárez
Jorge Suárez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 panero

será que temen medo a unhas primarias? yoli, tone, fernan é pan ?? a eles vailles melor un bruzos!!! postiño a dedo que é mais facil para repartir as cadeiras cos amigos.

1 lóstrego

Volta a reconversión a Ferrol: fórmula 44!