Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 19:34
O Consello Galego de Enxeñerías (CGES), asociación integrada por oito colexios profesionais, trasladou este xoves ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, un documento que recolle un total de 107 medidas para o desenvolvemento de Galicia, agrupadas en 20 áreas temáticas.
Á reunión, celebrada na sede da Xunta en Santiago, asistiron os decanos dos oitos colexios integrados no Consello Galego de Enxeñerías.
O preside desta entidade, Oriol Sarmiento Díez, explicou que este documento nace da "visión que ten cada enxeñaría" sobre as cuestións de importancia para o desenvolvemento e mellora de contorna galega, pero desde un prisma global.
"Por iso, condensamos ese catálogo de intereses, prioridades e oportunidades en 20 temáticas e máis de 100 medidas que buscan un futuro mellor, seguro e viable", sinalou o presidente sobre o documento que en próximas datas presentarán publicamente.
Oriol Sarmiento destacou a "boa receptividade" mostrada polo presidente da Xunta. "Temos constancia de que é consciente da importancia destas cuestións á hora de programar o futuro da nosa sociedade, que xa avanzou moito", indicou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.