O PPdeG alerta de que o BNG está en mans de Otegi e dos independentistas cataláns

"É francamente preocupante porque ningún galego vai atopar solución aos seus problemas da man dun BNG que se colle da man de Arnaldo Otegi e de Esquerra Republicana", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2019 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, transmitiu a súa "preocupación" tras ver a Arnaldo Otegui "cortexando a Ana Pontón", a portavoz nacional do BNG, para que a formación galega e outras formacións soberanistas concorran xuntas ás eleccións xerais.

Desta forma, en rolda de prensa este venres en Santiago,valorou Tellado a proposta que o coordinador xeral de EH Bildu, realizou a soberanistas vascos, cataláns, galegos (BNG) e mesmo canarios para presentarse xuntos aos comicios do 28 de abril, co obxectivo de facer fronte "ao bloque reaccionario" do PP, Ciudadanos e Vox.

"A min preocúpame ver a Otegi cortexando a través dos medios de comunicación a Ana Pontón para ver se conforman un proxecto político para concorrer ás eleccións xerais e que o BNG poida ir da man de Bildu e de Esquerra Republicana", asegurou.

Unha proposta que demostraría, para o número dous do Partido Popular de Galicia, que o BNG se "supedita" a ser "colaborador necesario de Otegi", ante a posibilidade de que a formación nacionalista galega, "desesperada" pola falta de apoios crea que "a solución é ir da man de Otegi ao Congreso dos Deputados".

"É francamente preocupante porque ningún galego vai atopar solución aos seus problemas da man dun Bloque Nacionalista que se colle da man de Arnaldo Otegi e de Esquerra Republicana, moi responsables da fractura social que vivie Cataluña", alertou.

O PPdeG ve con 'preocupación' que Otegi 'corteje' á portavoz do BNG para un
O PPdeG ve con 'preocupación' que Otegi 'corteje' á portavoz do BNG para un | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Sentidiño

E o PP de Feixóo está nas mans de machistas neonazis homófobos antifeministas supremacistas brancos ultracatólicos inimigos da nosa cultura e que queren que a xunta de galicia e o parlamento galego desaparezan...

3 TiMais

Boeno, sempre é mellor que estar nas mans de Bocs-Estado Hispánico-Yihadismo Mesetario-Terraplanistas-PabloCasados. seguro que vos vai xenial así, Celidonio.

2 Loisc

Ata nos medios da caverna se dan eco... https://www.google.es/amp/www.liber...

1 Xanc

Debe andar moi ben nas enquisas o BNG cando este señor lle dá tanta importancia. Xa non lembra cando o ideólogo en Madrid do PP - Maroto- pactaba con Bildu e enorgullecíase de elo? PP Galicia é unha fábrica de fake news