Hawking, Hobbes e John S. Mill xa están na Colección de Clásicos do Pensamento Universal da USC

Esta colección reúne unha serie de obras traducidas ao galego desde as linguas orixinais e prologados por figuras destacadas do ámbito científico e académico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Colección de Clásicos do Pensamento Universal da USC e a Fundación BBVA presentará este martes, día 26, tres novos volumes: 'Leviatán', de Thomas Hobbes, 'Sobre a liberdade', de John S. Mill, e 'Unha breve historia do tempo', de Stephen Hawking.

O reitor, Antonio López, presidirá o acto nunha sesión que celebrará a partir das 12,00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome e no que tamén intervirán a directora de Comunicación e Relacións Institucionais da Fundación BBVA, Silvia Churruca Zarasqueta, o director da Colección, o catedrático Darío Villanueva, e os prologuistas e tradutores das obras presentadas: María Xosé Agra Romeu e Vicente Araguas, por Leviatán, Xosé Luís Barreiro Rivas, por Sobre a liberdade, e José Edelstein e Jorge Mira, pola obra de Hawking.

Clásicos do Pensamento Universal, que desde 2002 a USC coedita coa Fundación BBVA, acumula cos novos títulos un total de 31 volumes editados. Esta colección reúne unha serie de obras traducidas ao galego desde as linguas orixinais e prologados por figuras destacadas do ámbito científico e académico.

Stephen Hawking, en Santiago de Compostela na cerimonia de recollida do Premio Fonseca
Stephen Hawking, en Santiago de Compostela na cerimonia de recollida do Premio Fonseca | Fonte: USC - Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta