Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2019 | Actualizada ás 12:00
O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora publicaron o libro 'As orixes da fotografía en Galicia. Estudos composteláns do XIX', unha obra de Carlos Castelao que se presenta este mércores na Fundación Torrente Ballester.
En concreto, trátase do traballo máis completo coñecido ata agora sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto. A obra incide no nacemento da fotografía en Galicia a través dos fotógrafos que contaban con estudo propio na cidade de Santiago no século XIX, para o que recompila máis de 350 imaxes.
Na presentación da obra participarán, ademais do autor, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a xerente do Consorcio, Belén Hernández, o responsable de publicacións do organismo, Juan Conde, e o director de Alvarellos, Henrique Alvarellos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.