Por E.P. | Ferrol | 02/03/2019 | Actualizada ás 15:57
A que fose deputada autonómica do PSdeG e actual secretaria xeral dos socialistas de Ferrol, Beatriz Sestayo, figura entre os nomes propostos pola asemblea local para as listas que o PSOE presente pola Coruña para as eleccións xerais do 28 de abril.
A asemblea apoiou por aclamación todas as propostas que se abordaron na reunión deste sábado: os candidatos para estas listas ás Cortes xerais, os aspirantes ao Parlamento europeo, así como a candidatura municipal.
No que respecta aos nomes para as listas xerais, ademais do de Sestayo, tamén figura o de Julio Barrios, militante afín á actual secretaria local. Pola súa banda, tamén foron apoiados outros socialistas máis próximos ao candidato á Alcaldía de Ferrol, Ángel Mato, como son Ramón Veloso, Manuel Santiago, Natividade González e Manuel Teijeiro.
A asemblea tamén mostrou o seu apoio a militantes doutras agrupacións, como Pilar Cancela (Santiago), Pablo Arangüena (A Coruña) e Montse García Echevarría (As Pontes) de cara ao proceso de configuración das listas.
Todo iso sen que se precisase se os postulados concorrerán na as listas que o PSOE configure para o Congreso ou para o Senado. Esta proposta, súmase ás restantes que farán as agrupacións locais da provincia nun proceso no que a última palabra tena a dirección federal do partido. Con todo, fontes consultadas apuntaron a posibilidade de que Beatriz Sestayo sexa proposta noutras asembleas da provincia como candidata ao Congreso.
LISTA MUNICIPAL
Por outra banda, no encontro deron luz verde ás propostas presentadas para a lista municipal. En concreto, aprobouse por aclamación tanto a formulada polo candidato á Alcaldía e que contempla 24 nomes, así como outra enumeración de seis nomes non afíns a este e entre os que figura o que fose o seu rival nas primarias, Germán Costoya.
Ángel Mato, mostrouse remiso a integrar a este seis nomees na súa lista. "O que decidimos foi que levasen todas as propostas aos seguintes órganos e dar unha imaxe de que o importante é a cidade", explicou antes de lembrar a proximidade de dous comicios electorais. Ademais, no encontro, tamén apoiaron aos dous nomes postulados para o Parlamento Europeo, o eurodeputado José Blanco e o que era o seu asesor Orestes Suárez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.