Sen audiovisual non hai País

Carlos Ares, Presidente da Academia Galega do Audiovisual, ven de definilo moi a xeito no acto da entrega dos premios Mestre Mateo da Academia: “sen cultura non existen os países e sen audiovisual non hai cultura”. Velaí que non existirá país sen o audiovisual galego. A forza da nosa identidade e mesmo parte da nosa prosperidade dependerá de xeito directo e substancial da saúde cultural e económica do sector audiovisual galego.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 03/03/2019

Comparte esta noticia
Ares remata un mandato de catro anos que se traduciu nun grande incremento do número de persoas académicas, das actividades da propia Academia e de actuacións formativas nun sector xa caracterizado pola alta calidade técnica e profesional da súa xente. Foi, tamèn, un cuatrienio sinalado pola aposta pola igualdade. Canto aos productos audiovisuais, aumentou substancialmente a produción de longametraxes en galego, a súa variedade e máis a participación de mulleres como xefas de equipa. 
 
As longametraxes máis agasalladas (“A sombra da lei”, con dez premios, entre eles os da mellor película e director e “Trote“, con cinco agasallos, salientando o acadado por María Vázquez como protagonista principal feminina) definen precisamente dúas liñas de produción distintas no audiovisual galego. Por unha banda a grande coprodución industrial coordinada  por unha produtora galega (Vaca Films), con actor protagonista galego (Luis Tosar) e director galego (Dani de la Torre), contando en castelán un relato do pistolerismo barcelonés dos anos 20 do século XX. Pola outra a ópera prima nada convencional dun director (Xacio Baño), aliñado na corrente do “novo cinema galego”, contando en galego unha historia desenvolvida no noso rural que, porén, é universal.  Un film con coprodución lituana que trunfou nos festivais de Locarno e Donostia.
 
Pertencen longametraxes como “A sombra da lei” ao audiovisual galego? A resposta só pode ser afirmativa, xa que foi ideada e financiada por unha empresa galega, dirixida por galego, montada polo galego Jorge Coira, cunhan directora de produción galega (María Liaño), actor protagonista galego e con galegos nos diversos traballos técnicos. Mais nesta caste de productos constitúe función esencial da axencia pública AGADIC a de garantir a produción de copias en galego e a súa distribución nun mercado interno que non discrimina negativamente os productos na nosa lingua, adoito vetados, porén, polos prexuizos das distribuidoras.
 
O audiovisual galego é parte esencial da nosa cultura, mais tamèn constitúe unha industria cunha grande capacidade de crecemento e  indución doutras actividade. Integrarmos estes dous polos é a garantía da súa viabilidade económica e da súa vitalidade cultural.  

'A Sombra Dá Lei', Triunfa Nos XVII Premios Mestre Mateo Con 10 Dos 15 Gal. A SOMBRA DA LEI - Arquivo
'A Sombra Dá Lei', Triunfa Nos XVII Premios Mestre Mateo Con 10 Dos 15 Gal. A SOMBRA DA LEI - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.