Por Galicia Confidencial | Ferrol | 12/03/2019 | Actualizada ás 11:56
A organización independentista Causa Galiza denunciaba na noite deste sábado pasado unha "agresión fascista" a un dos seus militantes en Ferrol, por parte dunha decena de individuos relacionados coa extrema dereita. Unha noticia adiantada por GC que estes días publicaron varios medios locais de Ferrol.
Segundo apuntaba esta organización independentista, un dos seus militantes foi agredido por entre oito e dez persoas o pasado xoves, provocándolle varias fraturas e fisuras óseas na cabeza. Ante esta noticia, a Executiva Local do PSdeG-PSOE de Ferrol fixo público un comunicado no que amosa a súa “repulsa enérxica desta agresión, e a solidariedade co agredido”.
Ademais, pide que se investigue esta agresión, e se leve aos agresores ante os tribunais e alerta de que en Ferrol “existe o risco real de que estas prácticas xa usadas durante a Transición contra os demócratas, resuciten agora ao calor do discurso do odio, que por desgraza, se normalizou e asumiu como outra ferramenta política máis”.
Así, lamenta que xa se detectaron grupos desta natureza, “pero a agresión do pasado venres supón un salto cualitativo na súa actividade”
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.