Inditex decidirá se aprobar o plan de incentivos a longo prazo para directivos

De saír adiante, e nun escenario de cumprimento de obxectivos, Pablo Isla recibiría 6'8 millóns de euros

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/03/2019 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

Inditex someterá para a súa aprobación na súa próxima xunta de accionistas o plan de incentivos a longo prazo 2019-2023, en efectivo e en accións,  dirixido a directivos, entre os que se inclúe o presidente do grupo, Pablo Isla.

Dito plan consiste na combinación dun bonus plurianual en efectivo e dunha promesa de entrega gratuíta de accións que, transcorrido un período de tempo determinado e verificado o cumprimento dos obxectivos concretos, será abonoada aos beneficiarios na súa totalidade ou na porcentaxe que resulte de aplicación.

Desde a compañía destacaron que este plan, vinculado a obxectivos críticos de negocio -de creación de valor para o accionista e de sustentabilidade. é continuista co plan 2016-2020 anterior e introduce avences que melloran o grao de aliñamento coas recomendacións de investidores institucionais e 'proxy advisors'.

O plan ten unha duración total de catro anos e está estruturado en dous ciclos temporais, no que cada un é independente do outro. O primeiro ciclo esténdese desde o 1 de febreiro de 2019 ata o 31 de xaneiro de 2022, mentres que o segundo abrangue desde o 1 de febreiro de 2020 ata o 31 de xaneiro de 2023.

O número máximo de accións obxecto do plan é de 9,7 millóns de accións ordinarias, representativas dun 0,3% do capital social, e valoradas nuns 248 millóns de euros en función dos actuais prezos de mercado. En virtude deste plan, Isla recibirá, no seu caso, un incentivo que se liquidará un 60% en accións e un 40% en metálico.

6,8 MILLÓNS PARA ISLA SE CUMPRE OBXECTIVOS.

Segundo a información remitida á CNMV, o importe total do incentivo asignado ao presidente de Inditex para un escenario de cumprimento target de obxectivos no conxunto dos dous ciclos do plan ascendería a 6,8 millóns de euros que, en termos anualizados, equivalería a 1,7 millóns de euros (52% da retribución fixa anual polas súas funcións de alta dirección).

En escenario de sobrecumprimento de obxectivos, o incentivo sería equivalente a un 185% do incentivo target (en termos anualizados, equivalente a un 97% da retribución fixa anual polas súas funcións de alta dirección).

Pablo Isla (Inditex)
Pablo Isla (Inditex)

Con relación ao 60% do incentivo que, no seu caso, se liquidará en accións, o número de títulos a entregar determinarase en función da cotización media ponderada da acción nos 30 días hábiles bolsistas inmediatamente anteriores á data de inicio de cada ciclo. Isla deberá manter un número de accións equivalente ao incentivo percibido en títulos, netos dos impostos aplicables, durante os dous anos posteriores á súa entrega.

Inditex rexistrou un beneficio neto de 3.444 millóns de euros no seu ano fiscal 2018-2019 (do 1 de febreiro de 2018 ao 31 de xaneiro de 2019), o que supón un incremento do 2% respecto ao exercicio anterior e do 12% a tipo de cambio constante. As vendas do grupo alcanzaron os 26.145 millóns de euros, un 3% máis, mentres que o resultado bruto de explotación (Ebitda) se situou en 5.457 millóns de euros, un 3% superior.

Pese ao avance do beneficio e das vendas en 2018, trátase do menor crecemento das ganancias desde 2013, cando aumentaron un 1%, e da facturación desde que a compañía saíu a Bolsa. A redución do crecemento en beneficio e vendas é consecuencia do efecto divisa, segundo explicou a compañía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta