Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2019 | Actualizada ás 11:09
O Equipo de Investigación de Incendios do Cuartel da Garda Civil de Celanova (Ourense) tomou declaración a un veciño de Xinzo de Limia como presunto autor dun incendio forestal causado por neglixencia nunha queima.
Segundo informou o Instituto Armado, tomou declaración como investigado a J.L.S., de 56 anos e veciño de Xinzo de Limia, como presunto autor dun delito de incendio forestal causado por neglixencia durante unha queima agrícola que estaba autorizada.
Os feitos sucederon o día 24 de marzo no monte O Foxo (Pintas) no termo municipal de Calvos de Randín, onde resultaron afectadas cinco hectáreas arboredos. As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao xulgado de Instrución de Bande.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.