Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/04/2019 | Actualizada ás 15:27
Mundos Digitales, en colaboración con U-tad e Afundación (a Obra Social de Abanca), presenta en primicia unha sesión especial sobre a creación e desenvolvemento da película El Parque Mágico, a grande aposta para este ano de Paramount Pictures Animation cuxa estrea en España será o vindeiro 12 de abril.
O acceso será libre e gratuíto ata completar a capacidade, previa retirada das invitacións no despacho de billetes da Sede Afundación da Coruña desde o xoves 4 de abril.
Os coruñeses Rubén López Ares, FX supervisor; Lupe Fernández, senior Lighting artist; e David Míguez, Rigging supervisor; xunto con Jorge Kirschner, Set & Props Modelling lead, son parte do equipo de Ilion Animation Studios que estará mañá venres 5 de abril, a partir das 18.00 h, na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8) para falar do proceso de creación deste novo filme.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.