Gómez-Reino sente "bochorno democrático" polas palabras de Feijóo sobre a detención de Pérez Miramontes

O secretario xeral de Podemos en Galicia acusa ao PP de utilizar as institucións para o seu uso particular e sinala que a candidata do PP por Pontevedra tamén ten relación con Miramontes.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/04/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

O candidato da Coruña ao Congreso por En Común Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, cualificou de "bochorno democrático" as declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en relación á detención do expresidente do sindicato Xóvenes Agricultores (XX.AA.) Juan Pérez Miramontes nunha operación policial contra a trata de mulleres en Santiago.

"Estamos en días de bochorno democrático, estamos vendo declaracións de Feijoó respecto diso de Miramontes. E Ana Pastor - candidata de Pontevedra ao Congreso polo PP- tamén ten relación con Miramontes", manifestou, en declaracións aos xornalistas, tras manter unha reunión co Consello de Administración da Lonxa da Coruña

Para Gómez-Reino, "a fotografía do PP en Galicia dá bastante vergoña", afirmou. "É unha fotografía de fotos con narcos -en referencia á fotografía de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dourado- e agora con persoas que desde redes clientelares mesmo caen en trata de persoas", engade.

Así mesmo, Gómez-Reino tamén se referiu a a confirmación do Tribunal Supremo ao rexeitar o recurso de casación que presentara a valedora contra o fallo do TSXG polo nomeamento dunha sobriña do expresidente da Xunta Manuel Fraga e irmá do portavoz parlamentario popular, Pedro Puy.

"USO PARTICULAR"

Gómez-Reino denunciou que o PP "emprega as institucións para o seu uso particular e partidistas". E por iso, sinalou que unha das primeiras medidas dun goberno progresista, como o que queren conformar En Común Unidas Podemos, pasa pola "rexeneración profunda das institucións do Estado".

"O fundamental é que o próximo Goberno do Estado haxa un peso específico de Galicia e iso a única maneira é que se conforme un goberno de coalición e os deputados galegos de En Común Unidas Podemos teñan presenza e iso significará que Galicia vai estar representada", respondeu tras ser preguntado polas declaracións de Luís Villares, de En Marea, asegurando que a súa formación é a única que encarna a defensa de Galicia respecto doutras candidaturas estatais.

Antón Gómez-Reino
Antón Gómez-Reino | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

bochorno democrático é o que sentimos nós... de ver a Rubén Pérez e a Yolanda Díaz buscar os votos da xente de Podemos para sentar nos sillóns a vivir das Institucións https://flic.kr/p/2cQ4ewW