Activado o operativo que limita o acceso á praia das Catedrais en Semana Santa
A Consellería de Medio Ambiente activou este venres o operativo especial que se encargará de controlar o acceso á praia das Catedrais durante a Semana Santa, un dos períodos nos que as visitas a este espazo están restrinxidas a un número máximo de persoas, sempre mediante solicitude dunha autorización previa.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2019 | Actualizada ás 19:00