Afectados pola fauna salvaxe esixirán solucións o 8 de maio diante da Xunta

As organizacións demandantes pedirán "a cobertura do 100% dos danos causados pola fauna salvaxe" e o control sanitario efectivo da mesma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2019 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa),a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), a Federación Rural Galega (Fruga) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) realizarán o próximo 8 de maio, mércores, unha "cacerolada" en Santiago de Compostela para "esixir solucións urxentes para os danos da fauna salvaxe". A marcha irá desde os edificios administrativos da Xunta de Galicia, en San Caetano, ata a sede da Consellaría de Medio Ambiente, en San Lázaro.

Na cacerolada, o catro organizacións que apoian esta convocatoria reclamarán unha serie de "demandas dirixidas a recuperar un necesario equilibrio ecolóxico no que poidan convivir as persoas, as actividades agrogandeiras e a fauna salvaxe", segundo explicaron nun comunicado este sábado.

Así, han reclamarán á Xunta, en primeiro lugar, a elaboración dun "control da fauna salvaxe" mediante censos de poboación das especies silvestres por comarcas para determinar "en que zonas existen desequilibrios e actuar en consecuencia".

As organizacións demandantes pedirán, tamén, "a cobertura do 100% dos danos causados pola fauna salvaxe" e o control sanitario efectivo da mesma, xa que "está a haber un incremento alarmante das enfermidades de carácter contaxioso propagadas por especies salvaxes dentro e fóra de Galicia".

Por último, e tal e como se expresou no comunicado, Aperfasa, Ovica, Fruga e o SLG reclamarán un "financiamento suficiente para as medidas de prevención contra os ataques" e unha adecuada "ordenación do territorio, que faga fincapé na xestión do monte e nas superfices boscosas en estado de abandono".

Rural.- Pleno. LIFE LOBO ANDALUCÍA - Arquivo
Rural.- Pleno. LIFE LOBO ANDALUCÍA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xosel

Ao mellor o resto dos cidadáns temos que replantexarnos se queremos esta agricultura subvencionada e pouco respetuosa co medio ambiente.