Por E.P. | A CORUÑA | 30/04/2019 | Actualizada ás 18:35
O Teatro Colón, na Coruña, acollerá este venres a representación da obra 'Despois dás ondas', de Ernesto Is, gañadora do Premio Rafael Dieste da Deputación coruñesa. A obra convértese agora en espectáculo teatral en coprodución con ButacaZero. Nela, as actrices Belén Constenla e Nerea Brey dan vida á actriz María Casares nunha obra que percorre a súa biografía.
Na súa presentación, a responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, explicou que a obra "recupera unha figura imprescindible do teatro galego".
Pola súa banda, o seu autor, Ernesto Is, subliñou a calidade do equipo técnico e artístico que participa na montaxe. Mentres, o director do espectáculo, Xavier Castiñeira, sinalou que a figura de María Casares é "teatro, cinema e vida e a proposta escénica centrouse neste tres elementos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.