Outro ferido mentres tallaba unha árbore en Trazo

É a segunda persoa en menos de 24 horas que sofre un accidente destas características.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2019 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido este mércores mentres tallaba unha árbore no monte en Xavestre, no concello coruñés de Trazo, segundo informa o 112. Pasados uns minutos das 9,00 horas, o propio ferido chamou ao 112 para pedir axuda. Indicou que se atopaba no monte e que estaba atrapado por unha galla.

Con estes datos, os xestores de emerxencias puxeron en alerta ao 061, que desprazou de inmediato unha ambulancia e un helicóptero medicalizado ata o lugar. Tamén foron mobilizados por este accidente a Garda Civil, os bombeiros de Santa Comba, de Ordes e os efectivos de Protección Civil de Val do Dubra.

Os bombeiros confirmaron que non foi preciso excarcerar á persoa e que só colaboraron na evacuación do ferido, que foi trasladado na aeronave ata o Hospital Clínico Universitario da Coruña.

Árbores centenarias cortadas
Árbores centenarias cortadas | Fonte: Amigos da Terra

É o segundo accidente destas características en menos de 24 horas. Este martes pola noite un operario morria en Oia noutra talla de árbores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta