Unha galega na final española do certame internacional de monólogos científicos FameLab

O seu monólogo, "Silenciando ao inimigo", versará sobre as bacterias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia



A galega Andrea Muras é unha das oito finalistas da sétima edición de FameLab España, o certame internacional de monólogos científicos que organiza a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e o British Council coa colaboración da Obra Social 'a Caixa'.

Andrea Muras, segundo informa FECYT, naceu en Pontevedra hai 30 anos e é estudante de Doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela (USC) no grupo de Acuicultura e Biotecnoloxía (Aquabiotec) sobre a comunicación bacteriana e as posibles aplicacións biotecnológicas de bloquear esta comunicación.

En concreto, investiga se se pode previr a formación da placa dental e a aparición de certas enfermidades ao silenciar ás bacterias.

Na semifinal, celebrada en Sevilla o pasado 6 de abril, "non deixou indiferente a ninguén con 'As bacterias da miña boca' e na final volverá sorprender", indican as mesmas fontes, cun novo monólogo titulado 'Silenciando ao inimigo' no que fala dunhas bacterias que "son capaces de impedir que outras bacterias patóxenas se comuniquen, o que nos axuda a previr e tratar diferentes tipos de infeccións bacterianas", engaden.

A final, que se celebra o mércores 14 de maio ás 20,30 horas no Teatro Gran Maestre de Madrid e estará presentada por Eduardo Aldán, poderá seguirse en directo desde as canles de Youtube e Facebook de FECYT.

O xurado estará formado por Marcos Pérez Maldonado, director técnico dos museos científicos coruñeses; Carmen Agustín Pavón, investigadora da Universitat de València; e Pampa García Molina, redactora xefa da Axencia SINC.

O gañador de FameLab España 2019 representará ao país na competición internacional que se celebrará en xuño durante o festival de ciencia de Cheltenham (Reino Unido).

Unha galega participará o mércores na final española do certame internacional de monólogos científicos 'FameLab'. FAMELAB - Arquivo
Unha galega participará o mércores na final española do certame internacional de monólogos científicos 'FameLab'. FAMELAB - Arquivo | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta