A investigación apunta a un incendio intencionado nas instalacións da Chavasqueira en Ourense

A Policía Nacional continúa coa análise das probas e indicios solicitados para elaborar o informe definitivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

A investigación aberta pola Policía Nacional en relación o incendio que calcinou as instalacións de madeira das termas da Chavasqueira en Ourense apunta a un lume intencionado.

Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que sinalaron que os investigadores proseguen coas pescudas para identificar e deter ao presunto autor dos feitos.

A Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional continúa coa análise das probas e indicios solicitados para elaborar o informe sobre as causas do incendio que o pasado mércores 24 de abril calcinou as instalacións de madeira nas termas da Chavasqueira.

Este luns cans especialistas en incendios procedentes da Unidade de Guías Caninos chegados de Madrid inspeccionaron as instalacións termais queimadas polo lume do pasado 24 de abril.

A Policía Nacional de Ourense contou tamén nesta investigación coa colaboración de compañeiros da Policía Científica procedentes de Madrid.

Deste xeito, a Policía Nacional segue traballando para elaborar o informe definitivo sobre as causas do incendio que na madrugada do pasado mércores 24 de abril calcinou as instalacións de madeira nas termas da Chavasqueira.

Cans especialistas en incendios chegados de Madrid inspeccionan as instalacións queimadas na Chavasqueira. POLICÍA NACIONAL
Cans especialistas en incendios chegados de Madrid inspeccionan as instalacións queimadas na Chavasqueira. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta