Verdegaia entre os gañadores do Lush Spring Prize 2019

A asociación galega ecoloxista Verdegaia atópase entre os gañadores do Lush Spring Prize 2019 para a rexeneración medio ambiental e social polas súas brigadas deseucaliptizadoras.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2019 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

Entre os 11 gañadores desta edición do Lush Spring Prize, atópase o proxecto galego de Verdegaia e as súas brigadas deseucaliptizadoras, un proxecto de activismo ambiental que xurdiu despois dos incendios do 2017 que asolaron Galicia e Portugal.

Verdegaia
Verdegaia | Fonte: LUSH

A asociación galega Verdegaia atópase entre os gañadores na categoría de "Proxectos previstos". A finais de 2017, a onda catastrófica de incendios forestais que asolaron Galicia e Portugal, matou a máis de 120 persoas e queimou máis de medio millón de hectáreas. As "brigadas deseucaliptizadoras" teñen como obxectivo retirar eucaliptos e outras especies invasoras que contribúen a propagación do lume. Este proxecto de activismo ambiental xurdiu despois dos incendios coa idea de que era necesario tomar medidas directas en lugar de agardar a que o goberno liderara o cambio.

Inscribíronse máis de 400 voluntarios como membro das brigadas, participando en máis de 25 intervencións dende abril de 2018. AS brigadas mostran como as persoas que traballan xuntas poden lograr un cambio na restauración de paisaxes e hábitats naturais e transformaron o pesimismo xeral con relación ao cambio nunha participación comprometida. 

O Lush Spring Prize é un premio internacional, froito da asociación entre Lush e Ethical Consumer, que se creou para apoiar proxectos rexenerativos que van máis alá da sostibilidade ao adoptar enfoques para restaurar as terras e comunidades degradadas. Busca apoiar a aqueles que participan activamente na restauración de todos os sistemas dos que forman parte. Ao apoiar os proxectos de rexeneración, o Spring Prize agarda elevar o perfil do movemento para inspirar a máis individuos, grupo se comunidades a comezar o proceso de rexeneración. No seu terceiro ano, o Lush Spring Prize outorgou en total máis de 600.000 libras para traballos deste tipo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta