En Marea critica a "utilización mediática impresentable" do caso da concelleira de Marea Atlántica investigada

Luis Villares criticou que a nova saia á luz "a catro días das eleccións" e tamén que se faga "uso dunha institución para influír nun goberno que fixo un gran traballo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2019 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, censurou a "utilización mediática imprensentable" do caso da concelleira de Marea Atlántica Claudia Delso que terá que comparecer este venres, en condición de investigada, ante a titular do Xulgado de Instrución número 8 da Coruña en relación á adxudicación de usos do antigo cárcere provincial.

Cuestionado sobre este asunto nunha rolda de prensa celebrada na mañá deste mércores, o maxistrado en excedencia criticou que a noticia saia á luz "a catro días das eleccións" e tamén que se faga "uso dunha institución para influír nun goberno que fixo un gran traballo".

A concelleira de Participación e Innovación Democrática no Concello herculino, Claudia Delso, --que nas eleccións municipais repite na candidatura de Marea Atlántica como número 6--declarará este venres tras ser citada para ese día con anterioridade e despois de desestimar a xuíza o recurso que presentou a concelleira, a través da súa representación legal. Finalmente, segundo informaron fontes próximas ao caso consultadas por Europa Press, deberá comparecer o venres, ás 12:00 horas.

Será tras a denuncia presentada polo PP, avalada polo Ministerio Fiscal, por presunta prevaricación do goberno municipal coruñés na adxudicación de usos do antigo cárcere ao colectivo Proxecto Cárcere.

Claudia Delso concelleira Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Claudia Delso concelleira Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta