Asesoría e finciamento para s empresas da aceleradora aeronáutica do polo de Rozas

Está prevista a realización doutras dúas convocatorias máis ata 2021 para dar soporte a un total de 19 compañías. Polo momento, a iniciativa recibiu 54 solicitudes das que finalmente participan cinco.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2019 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou que a aceleradora aeronáutica do polo de Rozas (Lugo), a iniciativa BFAero, contribuirá ao tecido empresarial e industrial.

Así o apuntou en Lugo no acto de benvida aos proxectos de BFAero que, desde este venres, participan na primeira aceleradora aeronáutica de Galicia.

Deste xeito, estas iniciativas xa poden acceder ao financiamento, plans de formación, acompañamento de mentores, asesoramento técnico e poderán utilizar as instalacións do aeródromo de Rozas.

Está prevista a realización doutras dúas convocatorias máis ata 2021 para dar soporte a un total de 19 compañías. Polo momento, a iniciativa recibiu 54 solicitudes das que finalmente participan cinco.

A proposta é unha iniciativa da Xunta con colaboración de Indra, Babcock, pemes e as universidades galegas. O obxectivo é seleccionar, incubar e acelerar novas empresas que acheguen solucións innovadoras a esta industria e, en concreto, aos vehículos aéreos non tripulados.

Polo aeroespacial de Rozas. BABCOCK - Arquivo
Polo aeroespacial de Rozas. BABCOCK - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta