Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2019 | Actualizada ás 12:43
A asociación animalista Libera e a Fundación Franz Weber denunciaron que a nova Orde de Vedas publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) permite "matar rulas contra o criterio da Comisión Europea".
Así, tal e como explican as dúas entidades nun comunicado, esta orde "supón un pliegue absoluto ás esixencias do lobby procaza, incluíndo unha ampliación das datas para masacrar xabaríns sen realizar nin un só estudo científico durante todo o ano, fiando unha posible redución de danos ás batidas".
Así mesmo, os animalistas recalcaron que "a tempada regular para masacrar aos suidos increméntase en varios días, ata o 29 de febreiro de 2020", mentres que a pasada Orde, "só incluía ata o día 3 de febreiro de 2019 con interrupcións entre agosto e xaneiro". Libera expresou o seu desacordo, tamén, coas "batidas preventivas" que facilitará a Xunta "fóra destas datas sen ter que xustificar danos en cultivos ou zonas periurbanas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.