Alcoa ten xa ofertas polas plantas da Coruña e Avilés

Unha das ofertas estaría interesado nas dúas plantas, mentres que outra só pola de Avilés.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/06/2019 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

Dous posibles investidores que presentaron unha oferta vinculante en relación ao proceso de venda das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés mostraron o seu interese por elas, segundo informou o comité de empresa da fábrica coruñesa.

Fíxoo tras a reunión este xoves pola mañá do comité europeo de Alcoa (Euroforum), no que se abordou a situación actual do proceso de venda das plantas. Pola tarde, levou a cabo outra reunión da comisión de seguimento do expediente de regulación de emprego (ERE).

Segundo o comité de empresa da Coruña, a empresa informoulles que había "dous potenciais investidores que presentaran unha oferta vinculante polas plantas, asumindo a totalidade do persoal".

"Un dos investidores sitúase por Avilés para industrializar a fábrica desde a fundición, descartando o arranque da electrolisis", explica nun comunicado. Nel, sinala que este mesmo investidor comunicou que visitaría mañá a planta da Coruña "xa que non ten descartado facer unha proposta vinculante pola mesma".

"O outro investidor centra a súa proposta nas dúas fábricas arrincado as series de electrolisis", engade o comité. Por outra banda, confirma que este venres están convocados a unha nova reunión da comisión de seguimento, neste caso só coa empresa.

Protesta de traballadores de Alcoa da Coruña   Arquivo
Protesta de traballadores de Alcoa da Coruña Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta