Anova comeza a conta atrás para a súa "refundación" que rematará en outono

O deputado de En Marea Antón Sánchez sinala que se convocan as primeiras da "multitude de asembleas locais e comarcais como pasos necesarios que desemboquen nunha sesión plenaria que será no outono".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

Anova  Irmandade Nacionalista inicia coa convocatoria dos primeiros encontros locais o seu camiño cara á celebración da IV  Asemblea Nacional, unha cita que se celebrará no outono e que se antolla clave no futuro da organización fundada en 2012 baixo o impulso de Xosé Manuel Beiras tras a ruptura do BNG.

Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras
Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras | Fonte: EP

A través dun comunicado remitido aos medios na mañá deste xoves, a organización que encabeza o deputado de En Marea Antón Sánchez sinala que se convocan as primeiras da "multitude de asembleas locais e comarcais como pasos necesarios que desemboquen nunha sesión plenaria que será no outono".

Esta cita, para a que aínda non hai data, será a culminación do proceso de " refundación" e "relanzamento" do proxecto  rupturista despois dos "negativos" resultados obtidos nas últimas eleccións, como recoñeceu Antón Sánchez o pasado 1 de xuño.

A organización nacionalista apela a "abrir" o partido "ao debate, á reflexión e ao diálogo construtivo, con ideas e propostas de futuro e contando coas achegas desde abaixo, partindo da participación activa da militancia como mellor fórmula de construír a dirección futura a acometer".

Deste xeito, cualifica de "fundamental" que a dirección "escoite, atenda e teña presente a voz da militancia se pretendemos cimentar o edificio que empezamos a construír hai uns anos". Unha das cuestións craves a definir pola organización para o seu futuro será o marco de alianzas con outras forzas do espazo político do ' rupturismo' a pouco máis dun ano para as  eleciones autonómicas que, de non adiantarse, convocaríanse en setembro de 2020.

Anova optou por non decantarse oficialmente por ningún dos dous proxectos xurdidos tras o divorcio en En Marea, aínda que a dirección da organización sempre se mostrou moi crítica co rumbo tomado pola cúpula do partido instrumental con Luís Villares.

Con todo, os nacionalistas decidiron non revalidar a coalición con  Esquerda Unida e Podemos Galicia para as xerais ao fracasar as negociacións polas esixencias destes últimos que, segundo Sánchez, non estaban dispostos a alcanzar "un acordo entre iguais". Deste xeito e por primeira vez desde a súa  fundcación en 2012, os de Beiras optaron por non presentarse a unhas eleccións de ámbito autonómico, estatal ou europeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 bautista do unto

Refundarse ? O que teñen é que disolverse e meterse en IU e Podemos

1 arzuán

Concordo.

2 Anovado

Primeiro escindem-se do partido nacionalista hegemónico e revivem a esquerda espanhola na Galiza pactando com ela. Logo essa mesma esquerda espanhola come-lhe as papas e ocupa o seu espaço eleitoral, evitando "acordos entre iguais", que nom seriam tal em ningum caso porque o apoio eleitoral de Podemos+IU e forças próprias como En Marea (de Anova nom digo nada porque nem sequera se apresentarom) é moi diferente. Agora laiam-se e pretendem reconstruír os cimentos dum edifício que ameaça com derrubar-se por todos lados. Que se disolvam e deixem de estorbar na construiçom dum projeto nacional autónomo de esquerdas!

1 non o vexo¡¡

Non si así estamos jo di dos... levan catro anos e xa andan a refundarse.... o que nos pasa en Galicia está claro por qué nos pasa...