A Torre de Hércules será unha gran pantalla o día 29 para celebrar dez anos como Patrimonio Mundial

A proxección, que comezará ás 23,00 horas, porá fin ao programa do X Aniversario do monumento como Patrimonio da Humanidade

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/06/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A Torre de Hércules será unha gran pantalla o 29 de xuño para o espectáculo audiovisual exclusivo 'Luz e Son de Hércules'. O monumento converterase nun xigantesco escenario para unha proxección de 36 metros de alto con máis de 24.000 watios de potencia de son e unha banda sonora específica.

Torre de Hércules
Torre de Hércules | Fonte: Europa Press

A proxección, que comezará ás 23,00 horas, porá fin ao programa do X Aniversario do monumento como Patrimonio da Humanidade, nunha iniciativa organizada polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.

A historia recolle episodios como a batalla entre Hércules e Gerión, as grandes rutas atlánticas dos navegantes, e a Torre "como testemuña e emblema da cidade" e concluirá no presente para pór o foco nunha cidade "cosmopolita e moderna que se proxecta cara ao futuro", explican os organizadores. Antes, ás 21,30 horas, ofrecerá un concerto a artista Mercedes Peón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta