Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2019 | Actualizada ás 18:41
O Diario Oficial de Galicia publica este luns o proxecto de orde polo que se modifica a do 7 de abril de 2016 para adaptar e habilitar electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas.
A modificación da orde incorpora os procedementos en materia de augas competencia desta consellería e deixa de regular os procedementos en materia de vivenda, que actualmente pertencen a Medio Ambiente.
Por tanto, adáptase á estrutura orgánica que mediante decreto adscribe á Consellería de Medio Ambiente o Instituto Galego de Vivenda e Solo, que anteriormente estaba escrito a Infraestruturas, e adscribe o ente Augas de Galicia.
A orde unifica nun único procedemento un total de 12 procesos ata agora existentes na sede electrónica, co obxectivo de simplificar a tramitación. Os procedementos refundidos son instalación na estrada, construción de beirarrúa, conservación de edificación, construción de edificación, cruzamento con tubaxe subterránea, movemento de terras, tendido paralelo e cruzamento aéreo, construción de peche, conexión á rede de abastecemento de auga ou saneamento, instalación de sinais informativos, cruzamento por obras de fábrica e construción paralela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.