Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/06/2019 | Actualizada ás 09:35
Un total de 25 provincias terá este mércores activo o aviso de risco (amarelo) ou risco importante (laranxa) por altas temperaturas máximas, que chegarán a 39 graos centígrados (ºC) en Zaragoza e Navarra, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Unha vaga de calor da que se libra Galicia que amenceu con chuvia en varias partes do país.
O AEMET emitiu un aviso especial por onda de calor, que esquiva Galicia, que comezará este mércores, cando se rexistrarán temperaturas significativamente altas no nordeste peninsular e tamén haberá calima ou po en suspensión na metade oriental peninsular.
En xeral, na Península e Baleares predominarán os ceos pouco nubrados ou despexados e, no entanto, no noroeste da Península haberá ceos nubrados, con precipitacións ocasionalmente acompañadas de treboada en Galicia e oeste de Asturias, que poderían estenderse, de forma máis débil e dispersa, a outras zonas do noroeste e do Cantábrico occidental.
Pola tarde serán máis probables no interior e os litorais tenderán a despexarse. Tamén haberá algúns intervalos de nubes baixas matinais nas contornas de Valencia e suroeste de Andalucía. En Canarias prevense intervalos nubrados, con algunha choiva débil illada pola mañá nas illas de maior relevo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.