Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/07/2019 | Actualizada ás 12:20
Efectivos de bombeiros rescataron este venres pola mañá o corpo dunha muller do interior dun pozo no termo municipal de Amoeiro Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, ás 9:30 horas recibiuse o aviso dun corpo nun pozo situado preto da praza do pobo, en Amoeiro.
Por iso foron mobilizados o 061, Protección Civil da localidade, Garda Civil e os Bombeiros do Carballiño, que foron os encargados de rescatar o corpo. O rescate do corpo da muller falecida do interior do pozo rematou sobre as 11,30 horas deste venres. Fontes da Garda Civil apuntaron a Europa Press a un "posible suicidio" como causa da morte desta muller, de 58 anos e veciña de Fontes, en Amoeiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.