Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/07/2019 | Actualizada ás 14:01
EFE. O ex xerente da área sanitaria de Vigo, cesado e nomeado como novo responsable do sistema público de saúde para Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Felix Rubial, comprometeuse a promover "unha maior participación dos profesionais para definir o futuro do sector en Ourense"
Rubial fixo esta valoración con motivo da presentación no hospital público de Ourense dunha guía infantil sobre diabetes editada pola asociación Anedia. Preguntado pola renovación das áreas hospitalarias do sur de Galicia, na que Rubial substituíu a Juio García Comesaña como responsable da xerencia de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, quen, á súa vez, pasa a ocupar a área de Vigo, manifestou a "enorme responsabilidade" que supón este novo cargo.
Rubial dixo que asume ese novo cargo "con todo entusiasmo, con toda a enerxía e con toda a responsabilidade" e destacou que o Sergas, o órgano de xestión de hospitais e centros de saúde pública en Galicia, é a "maior empresa, en termos empresariais, da provincia, con case 500 millóns de euros de orzamento".
O Sergas é "unha empresa de saúde que é o valor máis importante para as persoas" apuntou Rubial, quen subliñou a "enorme responsabilidade" que supón xestionar as áreas de Ourense, Verín e O Barco e os distintos centros de saúde da provincia. Ademais, destacou os retos de carácter "estrutural e organizativo" que deberá abordar "coa maior dilixencia" e expresou a súa esperanza de contar cunha "maior participación de profesionais" para "definir o que queremos que sexa a sanidade pública en Ourense".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.