O xerente da EOXI Ourense asumiu o seu posto durante o pasado mes de xullo, logo dunha polémica etapa na EOXI de Vigo, na que foi moi cuestionado. En vista da polémica e a mobilización social arredor do peche da unidade de partos no Hospital Comarcal de Verín, Félix Rubial mantén nesta entrevista con Galicia Confidencial que a baixada en nacementos motiva a decisión sobre o centro hospitalario verinés.