O alcalde de Santiago cre que "hai documentos desaparecidos" sobre a propiedade das estatuas do Pórtico en mans dos Franco

Unha sentenza xudicial declarou a familia do ditador como lexítimos donos das esculturas de Abraham e Isaac.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2019 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou este xoves que "seguramente" haxa "documentos desaparecidos" sobre a propiedade das estatuas de Abraham e Isaac, figuras que formaban parte do Pórtico da Gloria e que unha sentenza xudicial atribuíu á familia Franco como lexítimos donos.

Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

O rexedor compostelán fixo estas declaracións ao fío da demanda interposta este xoves polo goberno de Pedro Sánchez ante o xulgado da Coruña, pola suposta venda fraudulenta do Pazo de Meirás.

Respecto diso, Bugallo mostrouse "alegre" por esta noticia e lembra que a alcaldía está pendente da resolución do recurso interposto polo antigo Goberno local, despois de que a xuíza Adelaida Medrano outorgase a propiedade das dúas tallas á familia Franco o pasado febreiro.

De todos os xeitos, Bugallo insistiu en que "non é un procedemento doado", xa que leva desenvolvéndose durante "décadas" e, de momento, non se coñece "ningún documento falso", aínda que "seguramente" haxa "documentos desparecidos", pero a recuperación dos mesmos non está ao seu alcance.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta