Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2019 | Actualizada ás 19:18
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que o próximo paso será publicar o documento no Diario Oficial de Galicia (DOG) para proceder á súa entrada en vigor. Neste sentido, Feijóo explicou que o plan é unha "folla de ruta" que establece "os obxectivos, criterios de xestión e plans de emerxencia de cada parque" para o próximos seis anos cun programa económico total de 1,5 millóns de euros.
Respecto diso, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asegura que estes dous documentos establecen unha "normativa de protección, regulación de aproveitamento, zonificación e actuacións expostas en materia de conservación, uso público, investigación e seguimento".
MEDIDAS NOS PARQUES
Ademais, a Xunta declarou que os parques de Serra da Enciña de Lastra e O Invernadoiro contarán "cun plan de emerxencia e de autoprotección ambiental" para dotalos de "ferramentas de planificación propias" que melloren a "capacidade de resposta" ante posibles incidentes e preserven os valores que fan destes espazos "lugares únicos".
Para pór en marcha todas estas medidas, Feijóo indicou que a Administración autonómica dedicará ao redor de "700.000 euros a cada proxecto". Tamén subliñou que o Goberno galego traballa para aprobar plans similares nos parques de Monte Aloia (Pontevedra) e Corrubedo (A Coruña), así como nas Fragas do Eume (A Coruña) e Xurés (Ourense).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.