No 2012 tivo de demitir como director do Instituto Universitario Europeo da inmortal Firence ao se descobrir que percebía 300.000 €/ano como conselleiro de Abengoa, retribución incompatíbel co aquel seu cargo. En novembro de 2018 foi sancionado pola Comisión do Mercado de Valores (CNMV) con 30.000 € de multa (sanción definitiva, ao non a recorrer xudicialmente en tempo) por usar información privilexiada cando vendeu accións da súa antiga
Agora a Avogacía do Estado ven de recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya a reapertura das oficinas exteriores da Generalitat en Londres, Xenebra e Berlín, por seica destinar recursos e actividades para difundir as teses “independentistas”. E para alicerzar esta reclamación achegáronse dados e documentos “reservados” obtidos a medio da ilegal espionaxe ao persoal desas oficinas.
O máis grave, dende a perspectiva global europea, é que esta espionaxe atinxiu persoas alleas ao Goberno catalán. No Reino Unido ao deputado en Westminster (MP) galés do Plaid Cymru , Hywell Williams e a outros MP da Comisión do Parlamento de Westminster que estuda a cuestión de Catalunya. Mesmo semella que poderían estar entre as persoas espiadas o presidente da Cámara dos Comúns, John Bercow e mesmo á first minister escocesa Nicola Stugeon.
O asunto vai ter un longo percorrido, pois que só se coñece unha mínima parte do que sucedeu. Mais o que fica claro é que un ministro do Goberno do Estado espiou ou autorizou actividades ilegais de espionaxe a respecto doutros servidores públicos no exercicio das súas funcións e tamén a respecto de gobernantes e deputados doutros Estados europeos.
Hai motivos abondo para que Borrell non prorrogara nin un só día máis o seu mandato ministerial en funcions e renunciase axiña á dirección da política exterior europea para a que ven de ser cooptado polo Consello Europeo. Porque encomendarlle a diplomacia europea a un político desta caste é tanto como pór ao raposo ter conta das pitas.