Agora Galiza aposta por “reconstruír a esquerda revolucionária” e “promover a Revoluçom”

Denuncia a “desnaturalizaçom e contaminaçom pequeno-burguesa nos partidos e organizaçons que se reclamam seguidoras de Marx e Lenine”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/07/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A reactualización do marxismo e a "reconstruçom da esquerda revolucionária". Ese é o obxectivo dun ciclo de conferencias que a organización independentista Agora Galiza-Unidade Popular organizará o vindeiro 24 de xullo, como previa ao Día da Patria Galega, e coincidindo co 100 aniversario da fundación da III Internacional.

Xornadas de Agora Galiza
Xornadas de Agora Galiza

Neste ciclo participarán representantes e dirixentes de forzas e partidos revolucionarios socialistas e comunistas para avaliar a situación galega e internacional. “Analisaremos o agravamento da crise do capitalismo senil, incremento da ofensiva imperialista, retrocesso da luita de classes, avanço do fascismo e das alternativas autoritárias no quadro das democracias burgueses em plena involuiçom reacionária”.

Entre os puntos a tratar tamén estarán o de analizar a situación do marxismo para “depuralo da grotesca desnaturalizaçom e contaminaçom que arrasta, desmascarando a hegemonia pequeno-burguesa nos partidos e organizaçons que se reclamam seguidoras de Marx e Lenine”. Unha clara alusión a partidos estatais como Unidas Podemos ou Izquierda Unida ou galegos como o BNG ou Anova. “Son causantes de agirem como eficazes e funcionais muros de contençom das rebeldias, corresponsáveis das derrotas populares, da esterilizaçom e adulteraçom das revoluçons de inspiraçom socialista nos séculos XX e XXI”, indica.

Neste ciclo de conferencias tamén se abordarán as causas que imposibilitan “implementar a via revolucionária e socialista”. Un obxectivo que Agora Galiza achaca a que “as forças revolucionárias renunciárom aos objetivos fundacionais, adatando-se à lógica parlamentar burguesa e à estratégia gradualista de remendos do capitalismo, provocando os demoledores estragos ideológicos do presente”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 anonimo

Que os revolucionarios tenten " promover" a revolución é una novedade tan maravillosa coma que os vendedores de aspiradoras tenten vender aspiradoras. Pero que as microorganizacións sectarias non se decaten da evolución social é patético. Non estamos no século XIX, e os modelos comunistas hoxe non resultan atractivos na Europa occidental. Se pensades que Galicia está no terceiro mundo, é que estades cegos, ou que a ideoloxía non vos deixa ver a realidade. Ide a Haití, a Bangla Desh ou a Gambia, se queredes ver o terceiro mundo, e tentade ver semellanzas con Galicia, con todos os problemas que pode haber eiquí.

4 anonimo

A ideoloxía non deixa ver a realidade. O rollo panfletario esquece os fracasos históricos dos comunismos e os millóns de mortos, en China, en Camboia ou nas purgas de Stalin. E emburatarse na burbulla ideolóxica provoca repetir, unha e outra vez, os mesmos contidos, con independencia da realidade. A mesma panfletada de sempre, as mesmas terminacións en " çom", o mesmo rollo histérico e alleo a realidade, a mesma urxencia desesperada por un estaso comunista que se supón maioritaria e so é sectaria.

3 Galeguiña

Ditadura do proletariado (se é que aínda existe), abolición de partidos políticos e asociacións de todo tipo (agás as dos comunistas, claro), socialización dos medios de producción e abolición da propiedade privada (a ruina total da economía), censura informativa e control dos medios de información, control do Estado en todos os ámbitos da vida social... O futuro é voso rapaces!!

2 Agora Alopecia

Isto que é, o micropartido de Morales non

1 De Galicia

Qué malas son as drojas