Abel Caballero é criticado por cortar 58 árbores no centro de Vigo
O voceiro da asociación ecoloxista Amigos da Terra considera que é unha irresponsabilidade todo este proceso de reconversión da arteria viguesa e ve complicada a supervivencia tamén das árbores que se transplantarán a Castrelos. Marea de Vigo levará a Europa o caso polo que consideran unha mala praxe no uso de fondos europeos.
Por Brais Nogueira | VIGO | 20/07/2019 | Actualizada ás 10:00