O BNG pide "encher as rúas" o 25 de xullo para demostrar que "hai outra Galicia posible"

Ana Pontón critica que Galicia "está desaparecida" no proceso de investidura de Pedro Sánchez: "As solucións aos problemas non van vir de Madrid", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2019 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu este sábado "encher as rúas" o próximo 25 de xullo, Día de Galicia, para que a mobilización se converta nunha demostración de que "hai unha maioría social que quere cambio e quere construír esoutra Galicia posible".

Manifestación do BNG do 25 de xullo de 2017
Manifestación do BNG do 25 de xullo de 2017 | Fonte: Europa Press

"Hai outra Galicia posible que non quere ver como a xente nova emigra, que quere sanidade pública, que quere pensións dignas. Esa é a que podemos construír desde o nacionalismo", declarou Pontón.

Nunha homenaxe ao histórico militante nacionalista Xesús Cordeiro, Menfis, este sábado na localidade pontevedresa de Lalín, a líder do Bloque animou á cidadanía a saír á rúa o vindeiro xoves para "reivindicar esoutra Galicia e empezar a construír con forza a alternativa que a pode facer posible, o BNG".

Neste sentido, Ana Pontón recalcou que as solucións "non van vir desde Madrid", e puxo como exemplo estas semanas de debate de investidura no que Galicia "estivo desaparecida".

"Nin unha soa forza política estatal, nin un só deputado lle propuxo ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, que o seu apoio á súa investidura se vinculaba a compromisos para solucionar problemas urxentes dos galegos. É o mellor retrato de que ou está o Bloque, ou ninguén pon por diante os intereses de Galicia", lamentou a portavoz nacionalista.

Baixo a lema 'Galiza, un novo impulso', o BNG organizará un cento de actos para conmemorar unha data emblemática para o nacionalismo galego, unha serie de accións que culminará coa tradicional manifestación do 25 de xullo en Santiago de Compostela.

Por iso insistiu en que o Día da Patria é unha xornada de celebración, de reivindicación e de manifestar orgullo "de ser quen somos, de ter lingua propia, de formar parte dun pobo solidario e traballador", polo que insistiu na necesidade de saír á rúa "a defender que hai outra Galicia posible".

Entre actuacións musicais e a simbólica plantación dunha árbore, no acto homenaxe ao que fora portavoz municipal do BNG no Concello de Lalín participaron, ademais, a súa filla, o actual concelleiro Francisco Vilariño, así como familiares, amigos e militantes nacionalistas.

Sobre Menfis, Pontón destacou a súa "entrega e compromiso", porque, segundo ela, "foi unha desas persoas que sempre tivo a Galicia na cabeza e no corazón". A dirixente do Bloque puxo en valor o "traballo político desde a humildade pero desde a firmeza" desenvolvido por Xesús Cordeiro ao longo da súa vida "para conseguir un futuro mellor para Galicia e para a cidadanía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

3 Xan d

Unha vez máis os santiagueses e os visitantes terán que soportar a vegoñenta okupación dun dos seus espazos públicos máis senlleiros por unha turba de liberados sindicais, políticos profesionais e demais ralea que impedirán o libre exercicio do dereito a que todos usemos o que a todos perténcenos. Por que os bloqueiros non se van ao mercado do gando de Amio, o seu auténtico espazo natural?

1 Sentidiño

O día 27 aínda pior! Os chiringuitos folclóricos ocupan a Quintana á hora dos viños (non ás dúas da tarde). Estas cousas son as que demostran que o goberno do PPdeG non é democrático. Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar, e Ultreia: okupas da Praza da Quintana!

2 Litinho

Agora vemos, mais unha vez, a ausencia de Galiza nos debates do Estado. Se o BNG está, Galiña está. Se o BNG non está, non hai ninguén que fale por nós.

1 Caselas

Nótese que o BNG é a "galiña" dos ovos de ouro. Por ambiciosos matástela, e agora repartides as míseras talladas entre a cúpula da UPG. Agora a "galiña" xa foi! Bo proveito para os convidados á mesa do señorito!

1 Caneda

Anita, os fanáticos da UPG seguides confundindo Galiza co BNG e Madrid con España. Galiza non está desaparecida "en Madrí", está desaparecido o BNG, que volve ser un monicreque do PSOE. A ver cando saides da burbulla endogámica e, polo tanto, do voso delirio mesiánico.

1 ProbeGaliza

Cataláns, bascos, valencianos, canários e até cántabros contam com representantes para fazer valer a sua voz no Congresso. Os galegos a quem temos? A Yolanda e a Toné? Que deus nos pilhe confesados...

2 Bloqueiro bloqueado

Os galegos temos os reprensentantes que democraticamente escollemos os galegos. Vale máis o voto blocallo que o de outra xente? Acaso só sodes "galegos puros" os do BNG? Crédesvos superiores? Como lle chamamos a pensar así?

3 Currelante

Sería mellor proclamarse "o Partido da maioría natural", máis está pillado polo limpo e pulcro PP. Ou "progresistas" ou "socialistas" dentro do capitalismo, mágoa que os falsarios do PsoE xa o escolleron antes. Logo temos "rupturistas" no discurso e na práctica uns trepadores, xa usado por Podemos e o entreguista PcE. Eu, como soberanista, non aceito que o chiringuito do BNG fale no meu nome: non me representan. Os outros farsantes tampouco, votánlles por ser o noso país unha colonia, as xentes están adoctrinadas pola propaganda do supremacismo españolista (desde La Razón, pasando por La Voz de Malicia, a La Sexta) e os representantes políticos son mercenarios vendidos ao estranxeiro. Votánlles como ovellas, como votaban a Franco, o verdadeiro pai dos españolistas (e tan 'galego' como ti, na definición do 'demócrata' anterior).

4 ProbeGaliza

Estimado/a Bloqueiro bloqueado, fico absolutamente abraiado ante a incrível cantidade de prejuízos que guarda no seu caletre e a atitude tam agressiva coa que os exibe. Em primeiro lugar, permita-me sinalar que eu nom som do BNG e guardo fondas discrepanças políticas, filosóficas e estratégicas com esse e qualquer outro partido político do nacionalismo galego. Emporiso, si acredito que os interesses e necessidades dos habitantes dalguns territórios periféricos ficam moitas vezes desatendidos se nas cortes espanholas nom hai alguém com capacidade autónoma para reclamar políticas adequadas a eles. Isso é o que comprenderom desde hai 40 anos bascos e cataláns e o que começam a entender agora noutros territórios do estado, até o espanholíssimo Revilla. Por suposto, os galegos nom votarom maioritariamente opçons autónomas e é legítimo. Cada quem -tamém os povos- é livre de atuar como queira, assumindo e responsabilizando-se das eventuais conseqüências.

5 ProbeGaliza

Em síntesse, isso, e nom outra cousa, era o que eu expressava no comentário. Todo o demais pertence ao ámbito da sua delirante interpretaçom e ao relato de feitos que deveria fazer -assi lho aconselho por bem, crea-me- ante o seu psicoterapeuta de guarda, que é quem melhor lhe pode ajudar.

6 Birloque

Escapouche un "s", neno

7 Gaiker

"Todo o demais pertence ao ámbito da sua delirante interpretaçom e ao relato de feitos que deveria fazer -assi lho aconselho por bem, crea-me- ante o seu psicoterapeuta de guarda, que é quem melhor lhe pode ajudar". Cando alguén te deixa evidencia e quedas sen argumentos, para os mediocres só queda a saída de banalizar e criminalizar as enfermidades mentais. Parabéns chavalote, és un crack!

8 ProbeGaliza

O comentário que suscitou a minha réplica era em si mesmo umha gigantesca falácia -ad hominem e home de palha- e umha boa coleçom de tópicos e lugares comuns. Nom continha nim umha soa crítica razoada que me puidese deixar sem argumentos, como vostede di, pois só continha ataques persoais sem razom de ser, toda vez que nim sequera sabe nada de mim o indivíduo em questom. Tampouco o seu comentário, se mo permite, tem demasiado jeito, pois falei de psicoterapeuta -nom de psiquiatra, repare no matiz- e aludia evidentemente aos prejuizos, obsessons e complexos de diversa índole que, ao meu ver, destilava o comentário do susodito, nom a enfermidade mental de ningum tipo. Em quanto á criminalizaçom, já me dirá onde a ve... É tam absurdo coma se eu digesse que vostede criminaliza a mocidade por chamar-me "chavalote", sem saber, novamente, nada de min.