Chamarémoslle Zoltan, malia que descoñecemos por completo como se chama. Zoltán é libreiro de vello e rexenta un garito subterráneo, sen nome, que para el semella ter moito de underground, ó pé da aba noroccidental de Buda. Atópase nas antípodas dos integrantes do seu gremio, instalados comodamente diante do Museo Nacional de Hungría, con índices de superventas en cartografía histórica.