O independentismo siciliano foi moi importante entre os anos 1943 e 1947. Inspírase no modelo cultural oitocentista, radical-democrático e na tradición garibaldiana. Sicilia é unha nación, dicían, e ten dereito á independencia, porque foi máis ou menos libre ao longo da historia, con poder político, económico e social propio, e está oprimida por un estado de factura napoleónica que culminou no fascismo. A opresión colonial xorde coa fundación do Estado italiano, en 1870, dominado polos piamonteses e lombardos, que poñen ao seu servizo os instrumentos do poder e industrializan o Norte, mentres espolian as terras meridionais e rouban os seus brazos. Ese é o fundamento do independentismo de Sicilia.